top of page

Cormorán Film Fest 2026 · 7ª edición

O Cormorán Film Fest é o festival internacional de cinema documental e de autor da Coruña (Galicia). A súa 7ª edición celebrouse do 5 ao 15 de novembro de 2026 nos Cines Cantones, a Filmoteca de Galicia e a Fundación Luis Seoane, co lema «Filmar a familia»: longametraxes e curtametraxes a competición, a sección Curtas Neno de cinema galego emerxente, coloquios con directoras e directores, CormoCharlas e os pitchings da residencia CormoKamp.

Palmarés 2026: Ámbar do Cormorán á Mellor Película para A Want in Her, de Myrid Carten. Premio do Público para Mariinka, de Pieter-Jan De Pue. Premio Jaime Manso á Obra máis Atrevida para Fomos ficando sós, de Adrián Canoura. Mención Especial para Adam’s Apple, de Amy K. Jenkins. Premio do Xurado Novo para Seis meses en el edificio rosa con azul, de Bruno Santamaría Razo. En curtametraxes, o Cormorito do Festival foi para I Don’t Speak Dog (But I’ll Try), de Rime Tsujino, e o Cormorito do Público e o Premio do Xurado Novo para Hasta mañana si Dios quiere, de Alejandro Egido. En Curtas Neno gañou Chelito, de Carlos Prado Pampín. Nos pitchings CormoKamp, Fractal (Telmo Portas) foi o Mellor Proxecto e Emigrason (Ash Diz) o Mellor Pitch.

patrocinadores cormoran 2023 copia.png

CORMORÁN CINEMA since 2018

bottom of page