Xa está dispoñible a versión física do documental de estrea de Manuel Lógar, Entre a onda e a rocha.
Inclúe dúas curtametraxes escolares do director, subtítulos en español e inglés e un pequeno libreto con imaxes do rodaxe e a entrevista completa co director en Praza Pública.
Entre a onda e a rocha (Blu-Ray)
11,00€Precio
Seguindo as vidas dun grupo de percebeiros na Costa da Morte, Entre a Onda e a Rocha explora a relación entre o home e o mar, o home e o seu contorno. Unha fábula ambiental, un retrato da Galicia rural nos confines de Europa, onde, anos despois do desastre do vertido do Prestige , estas persoas viven en constante perigo, tanto económico como vital.
