FESTIVAL DE CINE DE CORMORAN
2020

MÉRCORES
28 DE OUTUBRO
CURTAS 1
Laurynas Bareisa (Lituania, 2020)
Reconstruir un crime pode dicir moito dun criminal e dunha sociedade hipócrita.
Entre broma e broma...
Catalina J. Álvarez (USA, 2020)
Testemuñas dunha loita social, hoxe máis presentes que nunca.
Na memoria está a nosa historia.
Pedro Neves
(Portugal, 2019)
Os mosquitos transportan un virus mortal.
Coidado, da atmósfera de esta curta non poderás saír...
CURTAS 1
16:30
OVERSEAS
Sung-A Yoon (Corea do Sur, 2019)

Dixital, 91 min.
Un impactante retrato das mulleres filipinas obrigadas a marchar ó estranxeiro pra gañarse a vida coma canguros e traballadoras do fogar. Unha mistura de humor negro e denuncia social que evidencia unha forma encuberta de escravitude moderna.
18:00
O MEU NOME É BAGDAD
Caru Alves de Souza (Brasil, 2020)

Dixital, 99 min.
Bagdad é unha chorva coas súas propias leis. Vive nunha casa de mulleres fortes e pasa os seus días no skatepark cos amigos, en plena pelexa por ver quén é o máis macho.
Unha mirada vitalista e poderosa sobre un entorno cheo de violencia, sexismo e discriminación; unha celebración da solidaridade e a resistencia frente ós problemas.
20:00
XOVES
29 DE OUTUBRO
CURTOS 2
Vytautas Katkus (Lituania, 2019)
Un barrio residencial. Unha casa en chamas.
A simboloxía social máis bela do 2019.
Pau Sibirós (España, 2020)
Un día levántaste e non falas o teu idioma.
Para botarse a temblar, sí, pero botarás unhas risas tamén.
Melisa Liebenthal (Arxentina, 2019)
Ensaio fílmico acerca de qué é casa.
Por moito que un achéguese, ás veces nunca chega a estar alí de todo.
CURTOS 2
16:30
KRABI 2562
Anocha suwichakornpong e Ben Rivers (Tailandia, 2019)

Dixital, 94 min.
Krabi, 2562 explora a paisaxe e historias no seo da comunidade de Krabi, ó Sur de Tailandia. Os realizadores desexan amosar esta cidade, destino turístico de primeiro orden, neste momento específico no que o prehistórico, o pasado máis recente e o mundo contemporáneo colisionan, ás veces dunha forma inquietante.
18:00
LÚA VERMELLA
(Lois Patiño, Galicia)
Dixital, 84 min.
Nun pobo da Costa da Morte o tempo parece detido. Tódalas persoas están paralizadas, aínda que as súas voces pódense escoitar: falan de pantasmas, meigas, monstros. Ó lugar chegan tres mulleres na busca de O Rubio, un mariñeiro do pobo desaparecido no mar.

20:00
VENRES
30 DE OUTUBRO
CURTAS 3
Lasse Linder (Suiza, 2019)
Un home, os seus tres gatos e un agarimo casi paródico.
Suficiente pra facer desta curta documental unha obra mestra.
Paul Nouhet (Francia, 2019)
Enamórase un distinto se é parisino?
Dous amigos deambulan pola cidade da luz en pleno día, nun entrañable relato do estúpido que resulta amar.
Marina Palacio (España, 2020)
Castela e vampiros de mentira. Unha reflexión sobre a familia, o cine e a realidade. Película única na súa especie.
Pero cero cabeiros e cero sangue.
CURTAS 3
16:30

ESTREIA
NACIONAL!
DRAMA GIRL (Vincent Boy Kars, Países Baixos)
Pode o drama axudarnos a comprendernos mellor a nós mesmos e ó mundo? Asistido por actores experimentados, o director Vincent Boy Kars recrea esceas da vida de Leyla de Muynck, unha xove sometida a certa confusión neste intrigante experimento. Que segue a ser real e qué é ficción?
DRAMA GIRL
Vincent Boy Kars (Holanda, 2020)
18:00
ISTO NON É UN ENTERRO,
É UNHA RESURRECCIÓN
Lemohang Jeremiah Mosese (Lesoto, 2019)
Dixital, 120 min.
Unha octoxenaria nunha aldeíña de Lesoto. A morte do seu fillo en horario laboral. Unha vinganza maternal a un sistema devorador de homes e famento de diñeiro. Unha película única e vibrante coma o latir dun corazón ferido.

20:00
SÁBADO
31 DE OUTUBRO
CURTAS NENO
Proxección de Curtas Locais
18:00
OS MOUROS
Jaime Puertas (España, 2019)
+
DESTINO DE LUXO
Diogo Baldaia (Portugal, 2020)

Dixital, 45 min.
Un retrato cercano e universal da comunidade rural xitana da Puebla de don Fadrique, Granada. A aparición dunha dimensión primitiva, a anunciación do oráculo, as luces dun bar musical, os animais mortos, un incendio e un novo garda forestal farán que Aurora esperte do seu letargo invernal.
Dixital, 30 min.
O desencanto de dous xoves pola vida na cidade dá paso a unha viaxe do destino na que a melancolía, os recordos e a imaxinación alteran a súa realidade.
A alternativa ó presente nun espazo virtual, un soño de película no que mergullarse por completo.

Destino
De luxo
ESTREIA
NACIONAL!
18:00

ESTREIA
NACIONAL!
SHOW DANCER
Laurits Flensted-Jensen (Dinamarca, 2020)
Dixital, 77 min.
Unha canción de éxito e 15 anos dispois, Lasse sobrevive subido a unha montaña rusa de drogas, baile e cárcere. Trala súa última viaxe entre reixas, o bailarín decide sentar cabeza.
Pero nunca foi fácil levar unha vida tranquila.
20:00

O corvo mariño é unha das poucas aves capaces de mergullarse baixo a auga, buscar comida e volver á superficie, voando unha vez máis. Por iso o Cormorant Film Fest escolleu este animal como símbolo do cine que afonda nas profundidades da condición humana, explorando as nosas complexidades sociais e emocionais para crear obras honestas e poderosas, libres de máscaras ou restricións que poidan dificultar a perspectiva do cineasta e o seu equipo.
Este pequeno festival da Coruña non é máis que un intento de xustificar a transgresión e a crítica positiva na sétima arte, o poder que sempre tivo o cine para concienciar e conmover á xente.
Como suxire Parquet Courts no seu recente álbum Wide Awake , vivimos en tempos turbulentos, ante un futuro incerto e aparentemente desolador. Polo tanto, en lugar de queixarse, Cormorán propón buscar solucións e concienciar á poboación.
Porque o cine trata sobre sensibilidade, e con ela as nacións poden conmoverse.
CATEGORÍAS
Longametraxes
Longametraxes
7 seleccións internacionais. Unha categoría chea de beleza e realidade.
Curto
metraxe
8 seleccionados. Desde novos cineastas prometedores ata expertos consolidados. A brevidade máis complexa
























